Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de junio de 2026

EXPOSICIÓN ÁMBITOS 2026

 Unha xornada inesquecible: as familias descobren os nosos ámbitos de aprendizaxe coa visita do alcalde

O pasado xoves 18 de xuño, o CEIP Coutada Beade vestiuse de gala para abrir as súas portas ás familias nunha xornada de portas abertas moi especial. O obxectivo principal foi compartir de primeira man como aprende o noso alumnado a través dos diferentes ámbitos de aprendizaxe implantados no centro.
A comunidade educativa puido gozar e participar activamente en tres espazos diferenciados:
  • Ámbito STEAM: onde a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, a arte e as matemáticas uníronse en proxectos prácticos e retos que espertaron a creatividade de grandes e pequenos.
  • Club de Letras: un recuncho dedicado á maxia das palabras, a lectura compartida e o desenvolvemento das habilidades comunicativas e creativas.
  • Ámbito Natural e Social: un espazo de descubrimento e conexión coa contorna, onde se puxo en valor o respecto polo medio ambiente e o coñecemento da nosa sociedade.
A xornada contou cun apoio institucional moi destacado. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, quixo acompañarnos nesta tarde tan significativa, percorrendo os distintos ámbitos e amosando o seu entusiasmo polo traballo que desenvolve o centro. Durante a súa visita, o rexedor felicitou tanto ao equipo docente pola súa innovación pedagóxica como ás familias polo seu enorme compromiso coa vida escolar.
Queremos dar un agradecemento infinito a todas as nais, pais e familiares que se achegaron para compartir esta experiencia. A vosa participación demostra que a escola faina toda a comunidade unida.
Gozamos tanto que xa estamos a pensar na vindeira!




























viernes, 5 de junio de 2026

XII CERTAME DE RELATO CURTO

 XII CERTAME DE RELATO CURTO


Estamos de noraboa en Biblio Moucho! O talento, a imaxinación e a calidade literaria do noso alumnado volven dar grandes froitos, esta vez no ámbito autonómico.
Temos o orgullo de anunciar que tres alumnos de Educación Primaria do CEIP Coutada Beade resultaron finalistas no prestixioso XII Certame de Relato Curto, organizado pola Federación de ANPAS (FANPA). Eles son Xoel, Gael e Jana, tres novos talentos que demostraron unha sensibilidade e unha creatividade excepcionais á hora de crear historias.
Este gran recoñecemento non é casualidade. No centro contamos cun Clube de Escritura Creativa, un espazo onde semana a semana estimulamos a imaxinación, xogamos coas palabras e axudamos a que o alumnado perda o medo á folla en branco. Ver a Xoel, Gael e Jana entre os premiados é o mellor impulso para seguir escribindo, creando e soñando xuntos na nosa biblioteca.












jueves, 21 de mayo de 2026

III TORNEO DE XADREZ

 III TORNEO DE XADREZ 

Deu comezo o III TORNEO DE XADREZ no CEIP. Coutada- Beade. Hai unha gran participación e o alumnado está moi implicado en entusiasmado. Por aquí vos deixamos una mostra!