O luns 19 de maio levamos a cabo a I Xornada de Xogos Lóxico- Matemáticos no centro. O alumnado de 3º e 4º de Educación primaria preparou xogos para os máis pequerrechos do centro.
Xogaron xuntos e pasárono xenial.
O luns 19 de maio levamos a cabo a I Xornada de Xogos Lóxico- Matemáticos no centro. O alumnado de 3º e 4º de Educación primaria preparou xogos para os máis pequerrechos do centro.
Xogaron xuntos e pasárono xenial.
DO 14 AO 21 DE MARZO
I SEMANA MATEMÁTICA NO COUTADA- BEADE
Coa chegada do fin de curso tamén chegan os agasallos do moucho para todos aqueles nenos e nenas que participaron libremente das actividades da biblioteca. Hoxe presentamos aos tres gañadores dos premios "Devoradores de Libros", os nenos que máis libros leron ao longo do curso: Gael, Pablo e Adrián, os tres de 1º de EP.
Noraboa aos gañadores
Pois así é, nenos e nenas, permanecede ben atentos porque xa comezou o torneo de xadrez... Premede na imaxes para máis fotografías
Ola nenas e nenos,
Xa temos case todos os vosos deseños para o próximo obradoiro de chapas que realizaremos na biblioteca sobre estes 50 anos de historia do noso colexio. Sodes uns artistas!! Pronto descubriremos os deseños gañadores.
Un saúdo,
O Moucho
Ola rapazada!!
Como ben sabedes foron moitos, e de moita calidade, os traballos presentados ao Concurso de Ilustración para o fomento da lectura. Escoller non foi doado, pero aquí están os resultados:
Grazas a todos por participar.
Pronto subiremos un vídeo con todos os traballos presentados, así como as ilustracións premiadas.
Noraboa,
Saúdos,
O Moucho
Dende hai anos na biblio habita un moucho, todos sabemos que é a mascota da biblio pero non coñecemos nada máis sobre este curioso animal. Como se chama? Onde naceu? Que fai na nosa biblioteca?
Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º escollerán o nome do moucho, e vós, os maiores inventaredes a súa historia, a historia do moucho que un día decidiu quedarse na nosa biblioteca.
Esperamos os vosos relatos,Un saúdo do Moucho