lunes, 28 de noviembre de 2022

Proposta "Lectura e Familias"

 Estimadas familias,

   O noso centro quere integrar ás familias na actividade da Biblioteca Escolar ao longo deste curso. Co obxectivo de estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación familiar, dende o centro necesitamos saber en que tipo de actividades vos gustaría participar.

   Por esta razón, deixámosvos aquí un breve formulario para que seleccionedes as actividades que serían do voso interese. Poderiamos facelas en horario de mañá ou de tarde, en función da vosa dispoñibilidade.  Esta é unha breve descrición das actividades.

  • As familias tamén contan”.- Actividades na que as familias poderán seleccionar un dos seus contos favoritos para ler nas aulas de infantil do voso fillo/a. Poderá ser presencial ou en vídeo, pola mañá ou pola tarde.  

  • Obradoiros en familia.- Se dominades algunha destreza ou habilidade que poidades compartir co resto de nenos. Os ámbitos poden ser diversos: experimentos, música, costura, manualidades, cousas das voas profesións, etc. En horario de mañá ou de tarde.
 
  • Lembranzas”. Aproveitando o 50 aniversario do centro escolar convidámosvos a relatar algunhas das vosas experiencias como estudantes deste centro educativo.
  • Club de lectura para familias, centrado en libros sobre a crianza e a educación dos máis pequenos/as.
 
  • Actividades relacionadas coa literatura tales como encontros con autores ou profesionais da narración para que nos orienten sobre a formación en materia de contos e libros.
 
  • Guías de lectura e de xogos, tanto en formato papel como dixital.
 
  • Servizo de préstamo ás familias, con libros relacionados coa educación (desenvolvemento emocional, autonomía, uso de pantallas, etc.)
 
Aquí tendes o formulario para cubrir:



 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración,

O Equipo de Biblioteca

O 25N no Coutada

 O pasado 25 de novembro foi unha data especial; unha data para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero. Ao longo de toda a semana foron varias as actividades realizadas no centro escolar para condenar, unha vez máis, calquera forma de violencia.


 Aquí tendes un fermoso vídeo elaborado pola mestra Raquel que resume as actividades da pasada semana.

Un saúdo,

O Moucho
 

sábado, 26 de noviembre de 2022

Nova actividade a partir de decembro

 Ola nenos e nenas,

Traemos unha das novidades deste curso que esperamos vos guste. Trátase dos "Venres creativos" na biblioteca.

 Realizaremos varios obradoiros para o fomento da creatividade. Xa temos moitos planificados pero tamén podedes facer as vosas propostas ou suxerencias a través do buzón de ideas.

Pronto anunciaremos o primeiro dos obradoiros!

Un saúdo a todos

jueves, 24 de noviembre de 2022

Os nenos e nenas tamén contan

 Ola a todos,

Poñemos en marcha unha das actividades solicitadas polos nenos e nenas máis maiores: "Os nenos e nenas tamén contan"; actividade que consistirá na lectura ou representación dun conto por parte de alumnos/as voluntarios. 

Os máis pequenos do cole espéranvos con impaciencia!!

 

 

Un saúdo

miércoles, 23 de noviembre de 2022

Recreos na Bibliomoucho

 Ola rapaces e rapazas,

a Bibliomoucho xa está a pleno funcionamento. Útimamente sodes moitísimos os que facedes uso deste espazo de encontro para pasar o voso tempo libre. Permanecede atentos porque temos moitas novidades!!!


Un saúdo 

lunes, 14 de noviembre de 2022

Novidades do mes de novembro

 



 
Xa estamos preparando as novidades de decembro!!!

viernes, 11 de noviembre de 2022

RESULTADOS DO CONCURSO DE RELATOS TERRORÍFICOS

 Ola a todos,

   Foron moitos, moitísimos, os relatos terroríficos recibidos. Moitas grazas pola vosa participación, e PARABÉNS a todos e todas. Sodes ben creativos... Aqui vos deixamos os resultados do concurso. Foi moi difícil escoller entre tanta calidade e variedade; finalmente decidímonos por aqueles textos que provocaban medo sen necesidade de recurrir a asesinatos e mortes, porque o medo é unha emoción moi complexa.

 


E aquí os relatos gañadores:




PARABÉNS!!!!

Un saúdo,

O Moucho



miércoles, 9 de noviembre de 2022

CONCURSO "Galería de Monstros"

 

Aquí temos algunhas das vosas creacións... 

Sodes uns artistas, noraboa!!!! 

O VENRES NO BLOG PUBLICAREMOS OS FINALISTAS E O GAÑADOR/A



 






CONCURSO de Relatos Terroríficos

    Hai unhas semanas publicabamos no Instagram do cole a convocatoria para participar en dous concursos diferentes organizados dende a biblioteca. Xa temos aquí algúns dos traballos presentados:


 




ESTE VENRES NO BLOG: FINALISTAS E GAÑADOR/A

martes, 8 de noviembre de 2022

GUÍA DE USUARIOS 2022/2023

   Xa temos aquí a nova guía de usuarios para este curso 2022/2023. Pero permanecede ben atentos porque son moitas as novidades que temos para este curso. 

En breve... máis información


Un saúdo,

O Moucho
 

lunes, 7 de noviembre de 2022

50 ANOS DO CEIP DE COUTADA-BEADE

  Este ano é un ano moi especial para o noso centro xa que conmemoramos o 50 aniversario do colexio. De momento, e para comezar, xa pedimos axuda ás familias a través dos cadernos viaxeiros para que fagan memoria e compartan con todos nós os seus recordos do colexio. Este será o proxecto deste ano, un proxecto co que pretendemos traballar tamén as emocións, algo fundamental nestas idades e que moitas veces esquecemos. O título do Proxecto Documental:

“CEIP de COUTADA-BEADE: 50 anos de emocións”


 Saúdos,

O Moucho