Pouco a pouco estamos ampliando o noso catálogo mercando libros que consideramos que poden ser de interese para as familias. Xa podedes solicitar no centro os seguintes títulos:
Máis información no noso blog Lectura e Familias
Pouco a pouco estamos ampliando o noso catálogo mercando libros que consideramos que poden ser de interese para as familias. Xa podedes solicitar no centro os seguintes títulos:
Nenos e nenas, xa temos migrado todo o noso catálogo á plataforma Koha. Pasamos unhas duras semanas de traballo pero xa está listo. Podedes acceder dende a barra lateral situada á dereita premendo na seguinte imaxe:
Ademais de novos carnés de lector/a tamén poderedes acceder a un catálogo moito máis visual, atractivo e accesible, con prestacións que pouco a pouco vos iremos explicando. Xa podedes buscar o voso título favorito!!
Un saúdo,
O Moucho
Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Sonia Hermida na biblioteca, dentro do programa Lectura e Familias. Foi unha charla moi interesante para as familias. Ademáis de todos os consellos sobre como fomentar a lectura dende os fogares, puidemos ver e manipular unha boa cantidade de libros interesantes e de calidade, que son o tipo de materiais que queremos ofrecer dende a nosa biblioteca: calidade.
Grazas a todas as familias que participaron,
Un saúdo,
O Moucho
Mañá 25 de abril, dentro do programa Lectura e Familias, contaremos coa visita de Sonia Hermida; xornalista especializada no ámbito da educación, máster en Literatura Infantil y Juvenil por la Universidad de Zaragoza, mediadora e investigadora en literatura infantil.
Que ler?
Cando?
Como escoller os títulos?
Como ofrecelos?
A través de exemplos prácticos (e sempre cos libros na man) veremos formas de introducir a literatura no día a día do fogar en situacións diversas. Haberá tempo para unha pequena actividade creativa que nos dará máis ideas sobre propostas que se poden levar adiante para fomentar o amor pola literatura no fogar.
Esperámosvos!
Un saúdo
Como ben sabemos este domingo é 23 de abril, Día do Libro. Esta é unha data moi especial no noso centro xa que todo o relacionado cos libros e as historias encántanos. Por esta razón, onte adiantámonos ao Día do Libro e aproveitamos o bo día que facía para realizar unha das vosas actividades favoritas: o apadriñamento lector.
Deixámosvos unha pequena mostra do que foi a actividade, pero tendes que agardar ata o domingo, Día do Libro, para disfrutar do vídeo da actividade e de moitísimas fotografías máis.
Lembrade que algunhas librerías abrirán as súas portas este domingo para conmemorar esta data tan sinalada.
Un saúdo
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2023.
Como en anos anteriores acudiuse a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á Profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas. cuxa investigación está moi centrada na literatura infantil e xuvenil contemporánea, cun foco específico na literatura galega, na educación literaria e nos estudos de xénero. Montse, creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, "que é unha celebración da mediación, de ser profe, bibliotecaria, mestra."
Este agasallo ás bibliotecas escolares de Galicia, complétase cunha versión longa, baixo o lema Dar de ler, que afonda no papel das mediadoras e mediadores no mundo do libro.
Para ler esta versión máis longa premede na seguinte imaxe:
Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que "Para nosoutras, silandeiras e navegantas, todos os días son o día do libro."
Un saúdo
O mes de marzo foi un mes con moitas actividades planificadas dende a Biblioteca. Tanto é así que non tivemos tempo de presentarvos aquí todos os vosos traballos. O Día da Muller Traballadora, a Semana da Prensa, o Día da Poesía… todas son datas relevantes que traballamos dende o colexio.
Os nenos e nenas utilizaron a radio do cole para entrevistar as súas titoras polo Día da Muller Traballadora.
Para a Semana da Prensa todos participamos nunha exposición na que seleccionamos noticias relacionadas con diferentes emocións, xa que este é o proxecto deste curso. Ademais, os nenos e nenas de 5º elaboraron o seu propio xornal con todas as novas deste curso académico.
Para o Día da Poesía os nenos e nenas seleccionaron diversas cantigas tradiciones emotivas e fixeron varios libriños que encadernamos para ter na biblioteca.
E non podemos esquecernos da Semana do Cómic, na que fixemos unha gran exposición (xa a subimos nunha entrada anterior) e moitos nenos e nenas traballaron co cómic na aula.
Como vedes, foi un mes de moito traballo. Agora é o momento de disfrutar dos resultados.
Noraboa a todos,
Un saudiño