Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de junio de 2026

EXPOSICIÓN ÁMBITOS 2026

 Unha xornada inesquecible: as familias descobren os nosos ámbitos de aprendizaxe coa visita do alcalde

O pasado xoves 18 de xuño, o CEIP Coutada Beade vestiuse de gala para abrir as súas portas ás familias nunha xornada de portas abertas moi especial. O obxectivo principal foi compartir de primeira man como aprende o noso alumnado a través dos diferentes ámbitos de aprendizaxe implantados no centro.
A comunidade educativa puido gozar e participar activamente en tres espazos diferenciados:
  • Ámbito STEAM: onde a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría, a arte e as matemáticas uníronse en proxectos prácticos e retos que espertaron a creatividade de grandes e pequenos.
  • Club de Letras: un recuncho dedicado á maxia das palabras, a lectura compartida e o desenvolvemento das habilidades comunicativas e creativas.
  • Ámbito Natural e Social: un espazo de descubrimento e conexión coa contorna, onde se puxo en valor o respecto polo medio ambiente e o coñecemento da nosa sociedade.
A xornada contou cun apoio institucional moi destacado. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, quixo acompañarnos nesta tarde tan significativa, percorrendo os distintos ámbitos e amosando o seu entusiasmo polo traballo que desenvolve o centro. Durante a súa visita, o rexedor felicitou tanto ao equipo docente pola súa innovación pedagóxica como ás familias polo seu enorme compromiso coa vida escolar.
Queremos dar un agradecemento infinito a todas as nais, pais e familiares que se achegaron para compartir esta experiencia. A vosa participación demostra que a escola faina toda a comunidade unida.
Gozamos tanto que xa estamos a pensar na vindeira!




























viernes, 27 de junio de 2025

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

 

O alumnado de coro escolar, coa colaboración de BiblioMoucho realizou unha saída ao centro de día "A XOANIÑA". Alí os avós e avoas desfrutaron moitísimo desta actividade e, por suposto, o alumnado tamén.









jueves, 27 de marzo de 2025

LECTURA E FAMILIAS MIGALLAS " O LIBRO MÁXICO"



O vindeiro mércores 2 de abril temos no centro o espectáculo de Migallas " O Libro Máxico". As familias poden acudir a desfrutar deste espectáculo.



 

martes, 11 de marzo de 2025

8M

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE BEA DURÁN " SORRISOS HERDADOS". 8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.


Con motivo do 8M dende o centro levouse a cabo unha iniciativa preciosa chamada" SORRISOS HERDADOS".

Trátase dunha exposición fotográfica do noso alumnado coas súas avoas. 

Como mostra final hai unha exposición de todas as fotografías no centro cultural de Beade.















jueves, 13 de febrero de 2025

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

O pasado luns un pai do centro deunos unha charla sobre as mariscadoras, a súa importante labor e unha chea de curiosidades que nós non sabiamos. O noso Proxecto de centro leva como título Artes e Oficios, por ese motivo estamos moi postos no tema.

Moitas grazas!!





















 



viernes, 10 de enero de 2025

GUIAS DE LECTURA PARA O NADAL

 Xa están aquí as guías de lecturas recomendadas para este Nadal. Un libro sempre é un bo agasallo. Recibiredes unha copia nas vosas casas pero tamén podes descargalas directamente dende este blog. 

Este ano elaboramos varias guías, unha para os nenos e nenas de Infantil e primeiros lectores, e outra para lectores autónomos e lectores expertos.

Un saúdo,

O Equipo de Biblioteca
























viernes, 21 de junio de 2024

Guía de Lecturas para o verán

 Coma todos os anos chega o verán, momento para descansar, repoñer forzas e, como non, desfrutar de boas lecturas. Por iso, a nosa recomendación para este verán é que na vosa equipaxe levedes sempre un libro de viaxe.

Guía prelectores e primeiros lectores



Guía lectores autónomos e expertos 


Feliz verán, vémonos en setembro... con novas propostas e moitas lecturas