jueves, 19 de mayo de 2011

BODEGÓNS

   Os alumnos de 3º A e B  e 4º  pintaron estes bodegóns, na clase de Plástica, para continuar co traballo da ALIMENTACIÓN.  Utilizaron os modelos orixinais de bodegón:  bodegón con  seis laranxas de VAN GOGH,  bodegón con atún de PICASSO  e   bodegón con cesta de mazás  de CEZANNE. Aquí tedes unha  escolma, pero son en total.......50 debuxos.

miércoles, 18 de mayo de 2011

ALIMENTOS e DEPORTE.

   Os nenos/as de 1º traballaron  tamén o tema da alimentación a través do xogo e o deporte. A profe Susana, de E. Física,  preparou unha gymkana para mostrarlles a importancia dunha alimentación sá e nutritiva, na que son fundamentais as froitas, que nos aportan moitas vitaminas. NON  O ESQUEZADES NENOS.....unha mazá ao día para medrar con alegría!!

martes, 17 de mayo de 2011

ALIMENTACIÓN SÁ

   Alimentos nutritivos e sans. Continuamos con máis traballos realizados nos diferentes cursos e áreas. Aquí veredes unha escolma de actividades  sobre  alimentos.
   Os cursos de E. Infantil de 4 anos e tamén  1º, 2º, 5º e 6º  de Primaria, presentan diferentes enfoques dun mesmo tema....Tamén hai traballos realizados  nas áreas de Inglés e E. Física.....Mmmmmm.....! que fame!


lunes, 16 de mayo de 2011

ALIMENTACIÓN

   Neste curso escolar todos os cursos traballaron o tema da ALIMENTACIÓN.  É un proxecto documental que escollimos por tratarse dun tema  tan importante.  Presentámosvos  os traballos realizados e veredes...diferentes enfoques.
   Os  alumnos de  3º e 4º   xunto coas profesoras, prepararon un xogo titulado O XOGO DA ALIMENTACIÓN ( similar ao xogo da oca)....pero moito máis elaborado e, con moitísima información.....Os alumnos/as están desexando xogar, algo que farán en breve. Completísimo, non vos parece?
   Nos próximos días veredes máis traballos, de Infantil e Primaria....

miércoles, 11 de mayo de 2011

EL CAZO DE LORENZO

   O pasado luns 9 de maio  algúns alumnos/as  de  5º representaron o conto EL CAZO DE LORENZO de  Isabel Carrier.....Este libro trata valores sociais  e fala  da diversidade...Dende a biblioteca recomendamos que o merquedes. Paga a pena lelo.



   Despois de moitos ensaios pois.....Aquí tedes  a  representación do conto que  realizaron os nenos/as  de 5º. Eles son: Antía, Sara, Laura, Brais, Víctor, Arianna, Paula, Uxía, María,....Teñen madeira de actores. O público estivo  moi concentrado na representación.



domingo, 1 de mayo de 2011

UN POEMA E UNHA FLOR

   E continuamos con máis actividades.....Como xa vos dixera anteriormente pois aquí tedes os magníficos resultados da actividade "ilustra o teu poema", realizada coa  inestimable axuda das familias de cada alumno de Primaria. Cada neno/a seleccionou o seu poema,  traballado anteriormente nas aulas,  e veredes o resultado...Fermosos textos, belas ilustracións e........moi  boas ideas plásticas  de papá, mamá, tíos, madriñas, avoíñas....Moitas grazas a todas as familias que leron poesía xunto aos nenos/as e fixeron un traballo excelente!!!!!