sábado, 9 de marzo de 2024

Obradoiro Bee-Bot co alumnado de infantil

 Ola a todos,

Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballaron o pensamento computacional a través dun obradoiro co Bee-Bot

Premede na fotografía para ver todas as imaxes.


 

 

jueves, 7 de marzo de 2024

Recreos na biblio

 Ola a todos,

O novo recanto da biblio, RecreArte, foi todo un éxito nesta semana chuviosa. Nenos e nenas aproveitaron este novo espazo para crear cos distintos materiais que lles ofrecimos. Outra forma de pasar o tempo de lecer.










 




lunes, 4 de marzo de 2024

Exposición de libros na semana do 8M

   Este venres 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Por esta razón, teremos durante toda a semana unha pequena exposición de libros sobre esta temática. Historias de mulleres pioneiras, científicas, escritoras, rebeldes, etc.




domingo, 3 de marzo de 2024

Primeira reunión do Club de xogos de mesa

 Ola a todos,

Este venres tivemos a primeira reunión do Club de Xogos de Mesa, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º. Comezamos escollendo xogos, lendo as instrucións e compartindo un momento divertido. 

Todos os venres estaremos na biblioteca.