O 13 de
novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías.
Este ano,
máis que nunca, é o momento de reivindicar as librarías da nosa contorna. Eses
pequenos espazos, sempre acolledores, son refuxios culturais imprescindibles na
formación integral de cada persoa; son a porta de entrada a outros mundos.
Desde a
Asesoría de Bibliotecas Escolares convídannos a visibilizar a súa presenza
baixo o lema E ti, de que libraría vés
sendo?
A nosa
biblioteca recoméndavos unha libraría ubicada nunha das zonas con máis encanto
da nosa cidade, o Casco Vello de Vigo. Falamos, por suposto, de LIBROS PARA SOÑAR; un espazo máxico especializado en literatura infantil e xuvenil.
Precisamente
mañá, 13 de novembro – Día das Librarías- LIBROS PARA SOÑAR retoma as súas
actividades de animación á lectura, dedicadas especialmente aos máis cativos da
casa. A través das súas canles en
Facebook e Instagram ofrecerán, a partir das 18:00 horas, unha sesión de
contacontos e música para nenos e nenas a partir de 6 anos.
Estade moi
atentos a súa páxina web porque teñen preparadas interesantes propostas ao
longo de novembro e decembro. Premede na imaxe para acceder a súa web.