jueves, 12 de noviembre de 2020

E ti, de que libraría vés sendo?

 O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías.

Este ano, máis que nunca, é o momento de reivindicar as librarías da nosa contorna. Eses pequenos espazos, sempre acolledores, son refuxios culturais imprescindibles na formación integral de cada persoa; son a porta de entrada a outros mundos.

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares convídannos a visibilizar a súa presenza baixo o lema E ti, de que libraría vés sendo? 

A nosa biblioteca recoméndavos unha libraría ubicada nunha das zonas con máis encanto da nosa cidade, o Casco Vello de Vigo. Falamos, por suposto, de LIBROS PARA SOÑAR; un espazo máxico especializado en literatura infantil e xuvenil.

Precisamente mañá, 13 de novembro – Día das Librarías- LIBROS PARA SOÑAR retoma as súas actividades de animación á lectura, dedicadas especialmente aos máis cativos da casa.  A través das súas canles en Facebook e Instagram ofrecerán, a partir das 18:00 horas, unha sesión de contacontos e música para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Estade moi atentos a súa páxina web porque teñen preparadas interesantes propostas ao longo de novembro e decembro. Premede na imaxe para acceder a súa web.



No hay comentarios: