Mostrando entradas con la etiqueta abril. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta abril. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de abril de 2026

LERFLIX

 LERFLIX

O alumnado de infantil fixo unha recomendación dos seus contos favoritos... por aquí tendes as súas preferencias.



APADRIÑAMENTO LECTOR 2026

 APADRIÑAMENTO LECTOR 2026

O venres 24 celebramos unha nova xornada de Apadriñamento Lector no noso centro.
Os maiores compartiron contos e ilusión cos máis pequenos en parellas de lectura.
Foi emocionante ver a complicidade e o agarimo que xurdiu arredor dos libros.

Grazas a todos os padriños e afillados por facer a lectura tan especial!








































miércoles, 22 de abril de 2026

CITA A CEGAS CUN LIBRO

 

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Con motivo do Día do Libro, o profesorado do centro aparcou por un momento os libros de texto para participar nunha actividade moi especial: unha cita a cegas cun libro.

A dinámica foi sinxela pero emocionante: intercambiamos lecturas agochadas tras un envoltorio que só deixaba ver algunhas palabras clave ou unha breve descrición. O obxectivo é romper prexuízos, saír da nosa zona de confort lectora e compartir a paixón por ler entre compañeiros. Unha xornada chea de sorpresas e moita literatura que hoxe queremos compartir con todos vós nesta entrada.