miércoles, 22 de abril de 2026

CITA A CEGAS CUN LIBRO

 

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Con motivo do Día do Libro, o profesorado do centro aparcou por un momento os libros de texto para participar nunha actividade moi especial: unha cita a cegas cun libro.

A dinámica foi sinxela pero emocionante: intercambiamos lecturas agochadas tras un envoltorio que só deixaba ver algunhas palabras clave ou unha breve descrición. O obxectivo é romper prexuízos, saír da nosa zona de confort lectora e compartir a paixón por ler entre compañeiros. Unha xornada chea de sorpresas e moita literatura que hoxe queremos compartir con todos vós nesta entrada.






































No hay comentarios: