martes, 21 de abril de 2026

VISITA MOI ESPECIAL

 

VISITA ESPECIAL

Onte a nosa biblioteca transformouse nun lugar máxico. Tivemos o pracer de recibir ao alumnado do IES, que cambiou por unhas horas os apuntes por historias cargadas de fantasía. Os máis pequenos de Infantil quedaron cos ollos como pratos e a boca aberta escoitando cada relato. Non hai mellor xeito de fomentar o amor pola lectura que compartindo historias entre xeracións. Grazas por regalarnos este momento tan especial!














No hay comentarios: