Para as actividades desta celebración tivemos a posibilidade de colaborar todos, tanto mestres e nenos coma as familias, e só se pode dicir que foi todo un exitazo.
Durante o tempo de lecer de todos os días da semana, tiñamos a posibilidade de ter uns expositores con libros no patio para que os rapaces e mestres que quixeran, poideran pasar o tempo lendo. A isto lle chamamos O BIBLIOPATIO.
No tempo de lectura que temos despois do lecer, unhas nais prepararon con moito amor uns contos para contarlles ao alumnado do centro. A estas nais darlles o noso agradecemento de todo corazón.
Os cativos quedaron entusiasmados e os mestres case tanto coma eles. Fixérono fenomenal!!
Os contos potencian a nosa imaxinación e creatividade. Colocamos un mural co título "UN LIBRO QUE ME ENCANTOU" no cal todos os nenos e nenas de todas as clases puideron plasmar da forma que desexaran o seu conto favorito. E como non... Quedou precioso!
O Xoves desa semana fixemos o apadrinamento lector que consistía en que os alumnos dos cursos altos (4º,5º,6º) apadrinaran aos máis cativos para lerlles no recinto da escola o conto que quixeran. Disfrutaron moito da compañía de todos eles en todo ese tempo.
Por último, pero non menos importante, foron otorgados os premios dos poemas que elaboraran os rapaces e rapazas de forma libre no Día da Poesía. Foi moi difícil a decisión pero alguén tiña que levar o premio. Os premiados foron:
Paula (1ºA)
Ángel (2º)
Cristian (3ºA)
Andrés (4º)
Estrella Porto (4º)
Marta (5ºB)
Shamina (6ºA)
NORABOA A TODOS! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario