Vai uns días remodelamos a biblioteca para mellorar o funcionamento das actividades que se realizan neste espazo.
Por exemplo, a zona que temos para os nenos da etapa de Infantil. Agora poden sentar sobre un tapiz de espuma e teñen todos os libros adecuados ao alcance da súa man. Todo o que facilite e fomente a lectura nunca sobra. Esperemos que se sintan máis a gusto e disfruten do marabilloso mundo dos contos.
Para comodidade e orde na merenda no tempo de lecer preparamos tamén unha zona para os nenos.
Seguiremos facendo cousas co fin de mellorar cada vez máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario