O 21 de marzo celébrase O Día da Poesía. Este ano conmemorouse tamén os
100 anos do nacemento de Gloria Fuertes.
Para dar a coñecer mellor
a esta poetisa e loitadora pola igualdade da muller, organizamos varias
actividades para cada nivel.
En E. Infantil
completaron poemas con pictogramas e
tamén elaboraron un debuxo en grupo a partir do poema “Como se dibuja a un niño” e
“ El cocinero distraído”.
En E. Primaria, unha das
actividades que fixeron foron “A Chuvia de Poemas”: Levaron a casa unha pinga de
auga para que escribiran uns versos de forma libre e a decoraran se querían. E
pódese dicir que hai moito artista no centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario