Días antes a esta data fixemos varias actividades para axudar a mentalizar aos nosos alumnos da necesidade e tamén da responsabilidade de colaborar para crear a paz ao noso arredor.
Formamos unha cadea de monigotes confeccionados por cada un dos rapaces e rapazas do cole e que podedes ver polos distintos corredoiros do centro. Todos unidos pola paz!
Parece irónico que outra actividade fora construir un muro que normalmente serve para dividir lugares sen embargo, o noso muro estaba creado con palabras sobre a paz. O que queríamos representar con isto era que se todos facemos un pequeno xesto solidario podemos construir algo moi forte no noso entorno cheo de cousas boas. Poderíamos darlle unha boa lección as persoas, coma gobernantes, que utilizan muros para separar ás persoas.
Os dous días que precediron ao Día da Paz, organizamos unha actividade coa intención de crear un ambente na biblioteca onde se tratase a paz e poideramos expresar as nosas gañas de obtela no noso mundo. Os nenos e nenas que quixeron pasarse no tempo de lecer, poideron disfrutar cantando cancións sobre este tema. Foron acompañados por unha guitarra e tamén coa proxección de videoclips.
Durante toda a semana tamén puideron consultar libros que estaban expostos na nosa mesa central.
Lista das cancións:
Bajo el mismo sol de Álvaro Soler
No Dudaría de Antonio Flores
Somos la paz de Unai Quirós
Yo decido vivir en paz de UNFPA
Bajo el mismo sol de Álvaro Soler
No Dudaría de Antonio Flores
Somos la paz de Unai Quirós
Yo decido vivir en paz de UNFPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario