martes, 2 de noviembre de 2021

Celebrando o Magostín!!!

   O ano pasado a pandemia non nos permitiu facer ningún tipo de celebración. Pero este curso, por fin puidemos celebrar o MAGOSTÍN (Magosto + Samaín).

Un cole engalanado pola ANPA para a ocasión, cabazas, disfraces, castañas... Como xa dixemos, este será un curso con moitas novidades. Un ano máis sorprendémonos coa vosa creatividade.

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!

 

Deixámosvos o vídeo resume elaborado pola mestra Raquel: 



Hoxe non puidemos subir á biblioteca pero mañá retomamos a formación de usuarios...

 

... e o venres... o venres será outro día moi especial. Estade ben atentos a este vídeo:





No hay comentarios: