O pasado 6 de
decembro o mundo enteiro choraba o pasamento de Nelson Mandela, considerado como o
pai fundador da democracia en Sudáfrica, a súa terra de orixe.
Coñecido como Madiba foi un aténtico abandeirado da
xustiza, da igualdade, do perdón e da paz; gañando en 1993 o Premio
Nobel da Paz.
Este ano, e como
homenaxe a este heroe do século XX, varios nenos e nenas do centro elaboraron
un mural para o Día Escolar da Paz e
participaron nunha actividade de ilustración elaborando caricaturas deste
persoaxe inesquecible.