Hoxe
é un día moi especial, o Día da Nai. Unha única palabra, NAI, para falar de
amor, de tenrura, de vínculos, de necesidade, de seguridade, de espera e, as
veces, de ausencia.
Existen
tantos tipos de nai como tipos de nenos e nenas. Incluso dentro dunha mesma nai
pode haber nais diferentes, pero todas elas conservan esa relación tan especial
que existe entre un neno ou nena e a súa nai.
Son
moitos os libros que se centran na fermosa relación entre as nais e os seus
fillos; algúns dirixidos aos máis cativos e outros, tamén moi fermosos,
dirixidos especialmente ás nais. Deixámosvos aquí mostras dos dous tipos de
libros. Libros para ver, ler, compartir e emocionarse.
Tamén
vos deixamos un pequeño recitado dos nenos e nenas de 4 anos para todas as
nais. Como non podería ser doutra maneira, as palabras son as da nosa Rosalía
de Castro. Agardamos que vos guste,
Saúdos