Booktrailer do libro "El joven Poe: El extraño crimen de Mary Roget", elaborado por Eva Alfonso.
Premede sobre o vídeo:
Noraboa polo traballo.
Booktrailer do libro "El joven Poe: El extraño crimen de Mary Roget", elaborado por Eva Alfonso.
Premede sobre o vídeo:
Noraboa polo traballo.
A nosa nova plataforma LERFLIX presenta o primeiro dos booktrailer elaborados polos nenos e nenas de 6º de EP. Estade ben atentos porque preséntannos lecturas ben interesantes.
O booktrailer de hoxe foi elaborado por CARLA ALONSO, para o libro "Como entrenar a tus padres"
Noraboa polo teu traballo Carla.
Agardamos o seguinte booktrailer...
O mes de abril está a piques de chegar ao seu fin. Aproveitamos esta entrada para recordar algunhas das actividades realizadas estes días:
O alumnado de Infantil comezou a traballar no proxecto das abellas. Moi pronto terán unha visita a Apípolis!!!
O alumnado de 6º practicando co cubo de Rubik
O alumnado de 4 anos traballando a lóxica-matemática co Robot
O alumnado de 6º traballando na elaboración de Kahoots para o Día das Letras Galegas
Ola a todos,
Xa temos aquí as primeiras imaxes do Mercado de Libros celebrado este xoves día 28. Esperamos que vos gusten as novas lecturas. Pronto subiremos o vídeo do mercado, máis fotografías e os booktrailers realizados polos nenos e nenas de 6º.
Saúdos
Os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando moito na horta para plantar xirasoles, dalias de moitas cores e gladiolos.
Os nenos e nenas do cole xa están inmersos no deseño con Tinkercad, unha aplicación en liña de deseño e impresión 3D. Estamos a utilizala para o deseño do noso robot.
O 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, conmemórase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de promocionar a boa literatura e a lectura entre os máis novos.
Hoxe en día gozamos dunha enorme cantidade e variedade de libros destinados aos máis cativos da casa. Aos títulos e autores/as clásicos súmaselles unha boa cantidade de novos autores/as, así como distintos formatos e soportes. Con tanta variedade practicamente é imposible non atopar un bo libro que satisfaga as necesidades dos nosos fillos ou fillas.
Dende a biblioteca do centro procuramos facervos recomendacións que consideramos interesantes. Non esquezades que estamos abertos ás vosas suxestións.
Un saúdo
Ler é liberdade. Ler é respirar.