viernes, 22 de diciembre de 2023

Imaxes da III Edición dos Obradoiros de Nadal

   Xa están aquí as imaxes dos obradoiros de Nadal organizados conxuntamente co Departamento de Orientación. Premede nos enlaces correspondentes para comprobar que no cole sabemos divertirnos... 

Un saúdo e FELICES FESTAS!!

 

OBRADOIRO 3 ANOS

 

OBRADOIRO 4 ANOS

 

OBRADOIRO 5 ANOS

Agardamos xa a IV Edición





 

miércoles, 20 de diciembre de 2023

Club de Lectura con Chi

    Hoxe deu comezo o Club de Lectura "Maxín de Moucho" con alumnado do 3º ciclo. O título escollido: "El dulce hogar de Chi", o volume nº 1 dunha serie de manga Kodomo protagonizada por Chi, unha gatiña coa cualidade de facerse querer. En total hai 12 volumes. 

O 99% dos gatos recomendan a lectura deste libro... incluso se prefires aos cans como animal de compañía!!




 

lunes, 18 de diciembre de 2023

Guías de lectura para o Nadal

    Xa están aquí as guías de lecturas recomendadas para este Nadal. Un libro sempre é un bo agasallo. Recibiredes unha copia nas vosas casas pero tamén podes descargalas directamente dende este blog. 

Este ano elaboramos varias guías, unha para os nenos e nenas de Infantil, outra para primeiros lectores, outra para lectores autónomos, outra para lectores expertos e outra, unha novidade este curso, unha guía con recomendacións de libros de lectura fácil ou con pictogramas que se adaptan á diversidade do alumnado. Esperamos que sexan do voso interese.

Un saúdo,

O Equipo de Biblioteca

 




domingo, 17 de diciembre de 2023

Todo preparado para a III Edición dos Obradoiros de Nadal

     Última semana de curso antes das vacacións de Nadal. Esta é a semana escollida os últimos anos para o desenvolvemento dos Obradoiros de Nadal para os nenos e nenas de infantil. Organizados polo Equipo de Biblioteca e o Departamento de Orientación os obradoiros de Nadal teñen un carácter lúdico, de experimentación e de manipulación. Este e o terceiro ano no que organizamos esta proposta, e agardamos que sexan moitos máis.


 


Obradoiro de costura polo Nadal

    Seguindo coas propostas creativas organizadas para este curso, as titoras de 5º e 6º, coa axuda da mestra Raquel, implicáronse moito nun dos primeiros obradoiros de costura organizados no centro. Neste caso, tratábase de elaborar un pequeno abeto navideño empregando tea, algodón, un pau e a máquina de coser do centro. Ao remate desta entrada podedes ver os resultados.

Noraboa!!

 









E aquí algunha das vosas creacións... de novo, noraboa!


viernes, 15 de diciembre de 2023

Continuamos cos obradoiros creativos nos recreos

    Outro grupo de nenos e nenas puido disfrutar esta semana de outro dos obradoiros creativos de Nadal organizados nos recreos polo Equipo de Biblioteca

Máis para a próxima semana.

Grazas a todos por participar,


















jueves, 14 de diciembre de 2023

Obradoiros creativos nos recreos

 Onte comezamos cos obradoiros creativos de Nadal nos recreos. 

E todas as prazas están xa ocupadas!!!!!

 Procuraremos engadir algunha proposta máis para a próxima semana. 

Permanecede atentos!! 

De momento, mañá temos outro obradoiro.

Grazas a todos por participar!!!














 Algunhas das vosas creacións: