miércoles, 31 de enero de 2024

Experimentando e aprendendo

 Ola nenos e nenas,

 As familias comezan a animarse e mostrarnos moitas das súas habilidades. Nesta ocasión, visitounos unha nai científica, Sonia, nai de Adrián. Grazas a ela os nenos e nenas de 1º experimentaron coa acidez dos alimentos.

Moitas grazas Sonia!











CLUB DE LECTURA

 Hoxe o Club de lectura "Maxín de Moucho" está ao completo. Os pequenos/asvan a compartir cos maiores as súas imperesións sobre Cósmico (un bombeiro moi galáctico) que chega a Galiza para axudar nos nosos bosques. Mola moito!

Os maiores pediron seguir con banda deseñada e despois de Chi, hoxe levan MicroALGAS. A ver se lles gusta!











viernes, 26 de enero de 2024

MALETA IES

 O alumnado de sexto de Educación Primaria recibiu no mes de marzo a maleta rosa "Camiño ao IES: unha nova etapa". Preparada dende o Departamento de Orientación do centro e a Biblioteca escolar "O Moucho", esta maleta contén vintedous libros con títulos tan interesantes coma Manual del bullying, 101 cosas que hacer antes de ir al instituto, Empieza la ESO, ¡Sálvese quien pueda!, Tu cuerpo es único, Cuéntamelo todo... e dúas caixiñas con debuxos sobre filosofía visual Mundo cruel e Lo que tú quieras.

A maleta leva tamén un cartafol con enquisas sobre cada un dos libros para que o alumnado valore a lectura en función das dúbidas ou necesidades que ten neste momento tan cheo de emocións como é o final dunha etapa educativa e a espera dunha incerta e marabillosa nova aventura, a ESO.

Premede na imaxe e accederes ao cartafol de títulos que compoñen a maleta






lunes, 15 de enero de 2024

Bolsas maker e bolsas Steam

 Unha das novidades coas que contamos neste curso son as bolsas maker e STEAM.

  O equipo de biblioteca preparou 6 mochilas maker e 6 mochilas STEAM para as diferentes idades. O obxectivo é o desenvolvemento de habilidades Steam, así como a creatividade e a imaxinación. As propostas son moi variadas e diferentes en cada unha das mochilas. Coma sempre: agardamos as vosas suxerencias.

 LISTADO E CONTIDOS DAS BOLSAS MAKER

LISTADO E CONTIDOS DAS BOLSAS STEAM











 

lunes, 8 de enero de 2024

Novos xogos

 Comezamos o ano con novos xogos no espazo maker da biblioteca. Preparados para xogar!!!!











 

Xa chega Xaneiro

 Comezamos un novo ano cheo de enerxía e de novidades e propostas na biblio. Permanecede ben atentos, chegan as bolsas creativas, o club de xogos de mesa e os libros de Raina Telgemeier.