jueves, 28 de marzo de 2024

Cadernos de escrita creativa

  Este curso substituímos no 2º e 3º ciclo de educación primaria as xa coñecidas mochilas viaxeiras por unha proposta diferente: os cadernos ou libretas de escritura creativa. Nestas hai diferentes propostas para traballar a escrita, e podedes elixir a que máis vos guste.

A expresión escrita é un dos obxectivos fixados dende o Equipo de Biblioteca para este curso 2023/2024.

Premede na imaxe para acceder a algunhas das vosas creacións. Noraboa!!!



 

Obradoiro de radio: o noso primeiro podcast

      Neste mes de marzo os nenos de 5º e 6º de EP participamos nun obradoiro de radio xunto con Damián Alonso (Ponte Nas Ondas, Solovoz). Aquí tendes o resultado. Noraboa!

martes, 26 de marzo de 2024

CONTACONTOS NA BIBLIO COA COLABORACIÓN DE ÁNXELES ESCRIBANO

 O pasado 23 de febreiro, Ánxeles Escribano voltou ao noso centro despois de moitos anos para contarnos varias historias moi especiais. Participaron nesta actividade o alumnado de E. Infantil nunha primeira volta, e 1º, 2º e 3º de E. Primaria nunha segunda.










viernes, 22 de marzo de 2024

Formación en radio

 Os nenos e nenas de 5º e 6º comezaron coa formación en radio. Xunto a Damián Alonso coñeceron os principais elementos que constitúen unha radio e como elaborar podcasts.


Lectura e familias: MIGALLAS NA ESCOLA

    Dentro do programa "Lectura e familias" buscamos compartir con elas un tempo de lecer na nosa biblioteca. O día 20 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Narración Oral, actuou  Migallas  para o alumnado de Educación Infantil e as súas familias. Todo un éxito!








Grazas as familias pola súa participación!!!

miércoles, 20 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA

 En marzo, tanto pequenos coma maiores deixaron atrás a banda deseñada pero non os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Dous títulos que plantexan grandes retos para a sociedade e que tocan varios dos ODS tanto os que teñen como obxectivo o uso responsable das fontes de enerxía como os que o teñen coa reciclaxe e reutilización do refugallo.

  • A cidade átomo, Iria Misa
  • Refugallo espantallo, Irene Gasalla.





lunes, 18 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS E DO NÚMERO PI

   O catorce de marzo e o Día de Pi. Acordouse celebralo nesa data porque en EEUU escríbese 14/3. Os fanáticos das matemáticas decidimos adicar ese día a practicar co cubo de Rubik e xogar con todos os xogos que se mercaron para o club de Xogos de mesa da biblioteca do noso centro. O maiores probamos a facer permutacións ata conseguir montar unha cara do cubo, e houbo sorpresas xa que varios alumnos de sexto conseguiron montar as seis caras. Os mais pequenos o pasaron xenial cos Legos, Kapla e outros xogos adaptados a súa idade.




miércoles, 13 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA

 O club de lectura Maxín de moucho tivo hoxe asamblea para valorar a lectura dos pequenos mouchiños... 5 estrelas para Nerea, a invasión dos trastos. 

 FANTÁSTICO!! 👍







martes, 12 de marzo de 2024

BEADE NEWS - SEMANA DA PRENSA

   O alumnado de Educación Primaria participou na Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo) redactando as súas propias noticias de forma individual ou por parellas. 




















lunes, 11 de marzo de 2024

Novos xogos no recanto maker

 Pois así é, xa temos novos xogos no espazo maker da biblio








A xogar!!