viernes, 31 de mayo de 2024

Momentos na biblio

 A biblioteca como espazo de encontro: para o xogo, a socialización, a procura de información, etc.














 

miércoles, 29 de mayo de 2024

Museo do xoguete

  Dende o ámbito STEAM do centro estase a traballar cunha proposta moi creativa: o museo do xoguete. Os nenos e nenas elaboran diferentes xoguetes facendo uso de materiais de refugallo. 

Aquí algunhas das primeiras imaxes:

 






 

lunes, 27 de mayo de 2024

Comeza o torneo de xadrez

 Pois así é, nenos e nenas, permanecede ben atentos porque xa comezou o torneo de xadrez... Premede na imaxes para máis fotografías

 

lunes, 20 de mayo de 2024

Aportacións ás bolsas temáticas e creativas

 No interior das mochilas temáticas e creativas incluímos unha serie de cadernos para que vos expresárades libremente, aportando non só as vosas opinións sobre as bolsas, senón tamén ás vosas suxerencias. Aquí están as primeiras que recollemos.

Como sempre, moitas grazas por participar:












 

martes, 14 de mayo de 2024

XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA

Hoxe asistimos á XVI XORNADA DE CLUBS DE LECTURA en Santiago. Un pracer compartir experiencias, escoitar a escritoras e coller ideas frescas para traer a maleta do MAXÍN chea para o Coutada.














LECTURA E FAMILIAS: as familias tamén contan

   

A pasada semana viñeron a nosa biblioteca varias nais de educación infantil a contarnos un conto, foi unha sesión moi especial para todos os que alí estivemos!!!.

Moitas grazas as familias que participaron!!!.👏👏👏






 

lunes, 13 de mayo de 2024

Xa chegan as primeiras imaxes dos cadernos viaxeiros

 Nas mochilas viaxeiras de infantil e 1º ciclo de EP incluímos, como todos os cursos anteriores, os cadernos viaxeiros. Agora que se achega o final de curso comezan a regresar á biblio algunhas das mochilas coas vosas aportacións, comentarios, imaxes, etc.

Premede na primeira das imaxes e poderedes acceder aos traballos dos nenos e nenas de 4 anos

 




 

jueves, 9 de mayo de 2024

CLUB DE LECTURA PROFES

 E despois de ter lidos unha chea de exemplares de títulos infantiles e xuveniles para facer a selección das lecturas do Club Maxín de moucho 2023-2024, as mestras do Club de lectura quixemas darnos un agasallo. Entre todas eleximos un autor que nos gusta á maioría, para gozar dunha última lectura adulta.

Mercamos "La grieta del silencio" de Javier del Castillo e quedamos encantadas de poder falar entre nós dunha historia compartida.








 

miércoles, 8 de mayo de 2024

CLUB DE LECTURA

Reunión xeral do CLUB MAXÍN DE MOUCHO para recoller as últimas lecturas do curso 2023 - 2024. Por petición popular, o club de lectura das profes, tivo que elexir de novo dous títulos de banda deseñada.

Lemos varios pero nos decidimos por estes dous títulos lixeiros pero que de seguro van triunfar: 

CAPITÁN LENTELLA, de Jorge Campos

Diarios ZOMBI, de Guy Edmonds e Matt Zeremes