Os alumnos de 6º estiveron lendo a Quijote na Biblioteca e elaboraron un mural cheo de información sobre este famoso libro
Proxecto sobre Cervantes realizado por los alumnos de 6º EP on PhotoPeach
domingo, 5 de junio de 2016
martes, 31 de mayo de 2016
Charla sobre Cervantes
O pasado luns 30 de maio, tivo lugar unha actividade de animación á lectura sobre a obra de Miguel de Cervantes El Ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha.
Carlos Addesso, pai de Andros (3º de Primaria) e de Shamina (5º de Primaria), nacido en Uruguay e criado en Italia, prestouse xenerosamente a dar unha charla ós alumnos sobre a visión que pode ter unha persoa que non é deste país sobre a importante obra literaria de Miguel de Cervantes, do que estamos a celebrar o cuarto centenario do seu pasamento.
Carlos veu moi preparado e durante unha hora estivo a falar, ante un nutrido auditorio formado por todo o alumnado de Primaria dende 3º a 6º, do tempo que lle tocou vivir a Miguel de Cervantes, dalgúns feitos importantes da súa vida e, por suposto, de Don Quijote. Con amenidade e gran simpatía relatou a nenos e nenas diversas pasaxes interesantes do libro de Don Quijote, espertando en mais dun as gañas de lelo. Tamén engadiu ás súas conclusións persoais a medida que percorría as pasaxes da obra, e fixo notar ás nenas e nenos que moitas das situacións e ideas que aparecen na obra tamén son aplicables no tempo actual.
Etiquetas:
Animacións lectoras,
Curso 2015/16
miércoles, 25 de mayo de 2016
Recanto sobre Cervantes
Pouco a pouco o pequeno proxecto sobre Cervantes vai tomando forma, o Moucho atopou un lugar moi especial dentro da Biblioteca para crear un Recuncho con moitas obras e datos sobre este autor tan relevante
Ademáis aiquí vos deixamos algún link sobre Don Quijote para poder xogar e aprender ao mesmo tempo
Etiquetas:
Curso 2015/16,
proxecto documental
martes, 24 de mayo de 2016
Proxecto Documental 2015-16
Durante este curso escolar os alumn@s do Ceip Coutada Beade traballaron sobre "Os Inventos".
Aiquí vos deixamos algunhas das cousas que fixemos
Aiquí vos deixamos algunhas das cousas que fixemos
Etiquetas:
Curso 2015/16,
proxecto documental
viernes, 29 de abril de 2016
jueves, 28 de abril de 2016
Contacontos en Infantil
Durante o curso realizáronse varios contacontos na biblioteca por parte de nais e pais de alumnos do centro.
Un deles foi o da nai de Samuel, alumno de 5 anos, que co seu teatrillo captou a atención dos máis cativos do colexio.
Grazas mamá!!
Etiquetas:
Animacións lectoras,
Curso 2015/16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




