sábado, 19 de marzo de 2022

Xornada inclusiva

 O alumnado de 6º asistiu a unha xornada de presentación de distintos deportes adaptados. Así, os rapaces e rapazas foron capaces de porse no lugar dunha persoa con diversidade funcional participando nos distintos deportes do mesmo xeito que o fan estas persoas, ao mesmo que tomaron conciencia do esforzo que se realiza, sen que isto supoña un atranco para desenvolverse en calquera ámbito deportivo.











 


martes, 8 de marzo de 2022

Mulleres traballadoras

 Como non podía ser de outra forma dende o noso centro quixemos facer a nosa homenaxe a todas aquelas mulleres traballadoras, tanto ás que abriron o camiño como as que día a día superan obstáculos para facerse valer. 

Noraboa a todas!!! E grazas!!!


 












 


miércoles, 2 de marzo de 2022

PROXECTO DINOSAUROS

Proxecto moi traballado polos nenos e nenas de 5 anos; e un tema sempre ben interesante: 

OS DINOSAUROS!!!

sábado, 26 de febrero de 2022

O Entroido robótico xa está aquí!

   Que ben o pasamos no cole celebrando o Entroido. Comezamos o día con música e coa chegada de moreas de robots... todos impecables, orixinais, divertidos e únicos. Todo un ENTROIDO ROBÓTICO!

Grazas coma sempre a esas familias que colaboran día tras día co noso centro.

Agora toca gozar do Entroido!!


 


viernes, 25 de febrero de 2022

A cociña bota lume

    A cociña do cole é unha das múltiples formas que estamos a utilizar este curso para CREAR. Todos os cursos, tanto de infantil como de primaria, xa pasaron pola cociña para facer diversas propostas. Unha das últimas propostas foi facer un estupendo pan de Beade.

 





 












 

jueves, 24 de febrero de 2022

O Día de Rosalía

    O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro; e como non podía ser de outra maneira o noso centro fixo diversas actividades para traballar e rendir homenaxe a unha ilustre da nosa lingua.