miércoles, 27 de enero de 2021

VIDEO RESUMO das actividades do 1º trimestre

Ola de novo nenos e nenas,

Neste breve video podedes ver algunhas das actividades que se fixeron durante o 1º trimestre na biblioteca.

Agárdannos moitas novidades, estade ben atentos...

Saúdos

 

martes, 26 de enero de 2021

Resumo de actividades no 1º trimestre: Homenaxe a Quino

 O pasado ano 2020 deixounos Quino, o humorista gráfico. Dende o noso centro non quixemos deixar o ano sen dar a coñecer ao noso alumnado a unha das principais creacións deste xenio: Mafalda.

Xunto cunha exposición das suas viñetas, agasallo de marcapáxinas e comentario dalgunha das súas historietas, os nenos e nenas de infantil, 1º e 2º engalanaron, xunto coas suas familias, a esa nena de oito anos que todos recordaremos.

Os nenos e as familias demostraron de novo a súa creatividade, e así chegáronnos diferentes versións de Mafalda: clásicas, modernas, divertidas, elegantes, rebeldes, fashion, etc. 

De novo, moitas grazas por participar.

Saúdos

Resumo do 1º trimestre: Mes da Ciencia na Biblio

 O pasado mes de novembro conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca Escolar.

Deixámosvos un pequeno resumo das nubes de palabras elaboradas polo alumnado a partir do texto de Xurxo Mariño "O feitizo da ciencia": 

 



martes, 22 de diciembre de 2020

Proposta para o Nadal

 Estimadas familias,

O Equipo de Biblioteca proponvos unha nova actividade familiar para estas festas. Consiste en que gravedes ao voso/a fillo/a recitando un trabalinguas. Podedes gravalo co teléfono e despois enviar o arquivo de audio á dirección de correo da biblioteca: bibliobeade@gmail.com.

Pouco a pouco subiremos aquí as vosas aportacións         

Animádevos familias,

Grazas por colaborar!!!


 

sábado, 5 de diciembre de 2020

INCLÚE-T: interesantes curtas sobre diversidade funcional

Nunha das charlas que mantivemos esta semana na biblioteca foron moitos os nenos e nenas que recordaron unha das curtas que se proxectaron na biblio xa hai tempo. Trátase da curtametraxe "Cuerdas", que parece ser que é un dos vosos favoritos. Aquí volo deixamos de novo, xunto con outas curtas que agardamos vos gusten tanto como "Cuerdas".

Saúdos