O vindeiro 31 de outubro celébrase o
Samaín en moitas parroquias e vilas galegas, e por suposto no noso cole queremos salientar esta data cunha actividade de lectura na biblioteca o
venres 30. Durante o recreo contaremos unha
historia terrorífica de pantasmas e espíritos, unha historia só apta para maiores de 7 anos e para todos os que disfrutan escoitando e sentindo de preto calafríos, temblores e demais sensacións medorentas. Leremos un relato do libro "El gran libro del miedo" de Xavier Valls, editorial Parramón.
Ímosvos deixar unhos enlaces onde atoparedes actividades para facer polo Samaín:
Facer galletas
Facer puzles
Crea a túa propia cabaza
Recortar un esqueleto
Colorear debuxos
No hay comentarios:
Publicar un comentario