martes, 12 de enero de 2010

QUE LLE PASABA A MACARIO...¡¡¡

Xa temos algunhas das respostas que escribístedes sobre a tristura de MACARIO . Algunhas son moi ocurrentes, ¿non si?. Aí van:

Macario é un dromedario e está triste porque porque está enfermiño e non pode sair a xogar. Alberto 2º
Macario é un dromedario e está triste porque está só e non ten amigos. Ana G. 2º
Macario é un camelo e está triste porque lle cargan moito. Diego 2º
Macario é un camelo e está triste porque perdeu un colar. Quique 2º
Macario é un burro e está triste porque a noiva deixouno. Lea 2º
Macario é o primo da llama e está triste porque ten o pescozo alto. Alex 2


Ninguén o quere e non ten auga nin comida, que ao final é o máis improtante no deserto. Cristina 3º
Porque se perdeu no deserto. Nerea 3º
Macario está triste porque é diferente aos outros dromedarios, por iso non o queren e ocorrerá que non ten amigos. Mar 3º
Non ten amigos, non ten auga, non ten comida e por iso séntese só e non ten familia. Guillermo 3º
Porque perdou todos os libros e non pode durmir. Só ten un libro e xa o leu. Tampouco ten xoguetes e tampouco ten familia para que o cuide ata que sexa maior. Irene 3º
Porque quere ser un reno como os que van con Papá Noel. Laura Mi. 4º
Macario está triste porque ten unha xoroba moi baixa e pequena e todos os demais rinse del. Sara L. 4º
Creo que está triste porque non lle poden dar ningún regalo por navidade. Yanira. 4º
Eu creo que está triste porque é un camello e non lle sae a xiba. Iván A. 4º
Como non encontraba auga e tiña moita sede, empezou a chorar. Antía Al. 4º
Porque é Nadal e a el non lle dan nada porque está moi lonxe da casa de Papá Noel. Miguel F. 4º
É un camelo. Eu penso que ten unha pouca de gripe e non pode repartir os regalos cos reis magos. Ainhoa 4º

No hay comentarios: