Como cada ano, a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica un novo cartel
divulgativo para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro)
e facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao
desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación
das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso
2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de
sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico,
de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados
coa ciencia.
Xa temos varias mostras do novo
cartel ilustrado por Patricia Castelao, e en breve poderes disfrutar na nosa
biblioteca dunha exposición de libros relacionados coa ciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario