miércoles, 30 de noviembre de 2016

25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O 25 de novembro non é un día calquera do noso calendario. Que este día de reivindicación e concenciación da sociedade teña que existir a estas alturas da civilización humana é algo que se debería pensar innecesario ou impensable. Pero por desgraza é moi necesario, e os datos estadísticos fanno moi real.

Ao pensar nunha solución a este problema, coma os da maioría dos outros problemas sociais que existen, soamente nos pode levar a unha conclusión que é a erradicación dende a educación para mellorar o futuro.
Como dixo o gran filósofo Pitágoras: "Educade ao neno e non será necesario castigar aos homes".
E temos que engadir que é cousa de todos e cada un de nós.

Dende moi cativos somos tratados de forma diferente segundo o noso xénero. O color rosa relacionase coas nenas e o azul cos nenos. Pasa o mesmo cos tipos de xogos, de contos, etc. E así é como facemos que dende pequenos nos vexamos diferentes. Tamén podemos incluir os contos clásicos que nos leron e que están demasiado obsoletos, nos que as princesas teñen que ser rescatadas por un principe azul. Etc.


Pero a partires de esta idea de desigualdade existe algo peor: a violencia de xénero que se dá máis contra mulleres. Hai distintos tipos de violencia e non todos son visibles ou fáciles de detectar.

No centro, e partindo dende a biblioteca, vimos necesario tomarnos moi en serio este día e por iso organizamos unha serie de actividades, pancartas, exposición de libros, charlas e curtametraxes aptos para todos os niveis querendo chegar tanto as mentes coma ao corazón das rapazas e rapaces.

Deixámosvos unhas fotos dalgúns momentos que pasamos nestas actividades:























No hay comentarios: