lunes, 27 de noviembre de 2017

ANTE A VIOLENCIA, TOLERANCIA CERO

25 NOVEMBRO- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No CEIP Coutada beade conmemoramos o día contra a violencia de xénero, fixémolo o venres 24 con diversas actividades nas que participaron todo o alumnado e profesorado do centro.



Baixo o eslogan, ANTE O MALTRATO, TOLERANCIA CERO,levamos a cabo CEIP Coutada Beade unha serie de actividades destinadas a conmemorar o día mundial contra a violencia de xénero.
Con ela pretendemos tratar de concienciar aínda máis ao noso alumnado da necesidade dunha Educación en igualdade facendo especial fincapé na erradicación de actitudes sexistas que poidan traer consecuencias. Tamén queremos incidir dende o equipo de biblioteca no apoio que debe darse en todo momento, o respecto e a solidariedade entre ambos sexos para potenciar unha educación en valores que contribúa á formación integral do alumno como persoa e axude á construción dun mundo máis xusto e igualitario.

Preparamos unha mesa con novidades relacionadas co tema que estamos a tratar, que lles resultou moi atractivas tanto para nen@s como para mestr@s.
Decoramos todo o centro con globos lilas nos que cada alumno/a escribiu unha mensaxe relacionada con este día:


Ademais o día 24 saimos todos o patio e conmemoramos este día , 1º fixemos lectura dun manifiesto en contra deste tipo de violencia, aí vos vai:



"Un ano máis volvemos reunirnos os mestras e mestras, alumnos e alumnas do CEIP Coutada Beade co fin de  levantar as nosas voces para condenar a violencia, e para gritar que os homes e mulleres teñen os mesmos dereitos, que ninguén pode maltratar a ninguén, e que todos somos responsables e podemos loitar para que esa lacra desapareza.
Queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra a muller e combater calquera outro tipo de violencia verbal, física,ameazas, insultos, menosprezos…
Nos comprometemos a combater a linguaxe sexista e a degradación das mulleres así como non ser cómplices pasivos, aprenderemos a expresar as emocións de forma adecuada, evitando os insultos, as agresións, os gritos…
Queremos que todas as persoas, homes e mulleres, se relacionen con respecto e solidaridade, utilizando a cooperación e o diálogo.
Esperamos que nun futuro próximo non sexa necesario manifestarnos este día.
POR ISO TODOS OS DÍAS DO ANO, PERO ESPECIALMENTE HOXE DICIMOS ALTO E CLARO QUE CONTRA O MALTRATO TOLERENCIA CERO."


 E despois de ler o manifisto cantamos a canción de ENDER "ya no" que o alumnado estivo ensaiando durante días:





E sen esquecernos do panael informativo que elaboramos para concienciar ao noso alumnado:


 

No hay comentarios: