martes, 30 de enero de 2018

a paz

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da PazO día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.


GANDHIGandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.



Dende a biblioteca "O MOUCHO", temos un recuncho dedicado a festexar este día con libros moi interesantes para traballar tanto de xeito colectivo como individual, aquí tendes una pequeña mostra:




  • Ademais, elaboramos unhas mensaxes nunha botella que quedaron preciosas!




No hay comentarios: