lunes, 1 de abril de 2019


VISITA DE MARÍA CANOSA
 
María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de camiños, canais e portos, máis coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.
 
 
Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte.
Segue compaxinando a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.
 
 
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Agora mantén esta actividade no programa Coma un allo. Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, pola obra Muriel.

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Coutada Beade lemos un conto de María Canosa " O QUE NUNCA CHE CONTARON" e tivemos a sorte de contar con ela para facernos una visita e falarnos da súa obra.





















No hay comentarios: