Os nenos e nenas
do cole poden gozar, dende hoxe e nas súas aulas, do cómic “Científicas: pasado, presente y
futuro”, un divertido percorrido pola fascinante historia das mulleres
científicas que abriron o camiño ás novas xeracións.
A orixe deste cómic atopámola na obra de teatro “Científicas:
pasado, presente y futuro”, ideada por Francisco
Vega, e estreada na Escola Técnica Superior de
Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla no ano 2016.
Catro anos despois da estrea da obra de teatro, e grazas a colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Sevilla, as
científicas do pasado e do presente
saltan ao mundo do cómic a través das imaxes da ilustradora Raquel
García Ulldemolins.
Se queredes ler o cómic nas
vosas casas e coñecer un pouco máis a Hipatia
de Alexandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin ou Hedy Lamarr, así como a algunhas mulleres
actuais que despuntan no mundo da Ciencia, podedes descargalo premendo na seguinte imaxe: