jueves, 11 de febrero de 2021

11 de febreiro: cómic "Científicas: pasado, presente e futuro"

Os nenos e nenas do cole poden gozar, dende hoxe e nas súas aulas, do cómic Científicas: pasado, presente y futuro, un divertido percorrido pola fascinante historia das mulleres científicas que abriron o camiño ás novas xeracións.

A orixe deste cómic atopámola na obra de teatro Científicas: pasado, presente y futuro, ideada por Francisco Vega, e estreada na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla no ano 2016.

 Catro anos despois da estrea da obra de teatro, e grazas a colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Sevilla, as científicas do pasado e do presente  saltan ao mundo do cómic a través das imaxes da ilustradora Raquel García Ulldemolins.

    Se queredes ler o cómic nas vosas casas e coñecer un pouco máis a Hipatia de Alexandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin ou Hedy Lamarr, así como a algunhas mulleres actuais que despuntan no mundo da Ciencia, podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:

No hay comentarios: