lunes, 20 de diciembre de 2021

Guías de lectura para o Nadal!!

 Bo día a todos!

  O Nadal xa está á volta da esquina, e é un momento xenial para fomentar o hábito lector e que os nenos e nenas se inicien na creación da súa propia biblioteca persoal.

  Deixámosvos aquí tres guías de lectura, unha para cada nivel lector. Son recomendacións do Equipo de Biblioteca, pero en calquera das vosas librerías próximas informaranvos gustosamente dos títulos que mellor están a funcionar en cada caso. Que mellor regalo de Reis que un bo libro!!!

E como non, o Equipo de Biblioteca deséxavos un bo Nadal

Felices Festas,

Saúdos

 


 


 

 

No hay comentarios: