viernes, 16 de febrero de 2024

O Club de Lectura coñece a unha nova personaxe: Nerea

 Ola nenos e nenas,

   Seguindo co tema dos ODS (proxecto anual do centro) e a banda deseñada, o noso Club de Lectura está coñecendo a Nerea, personaxe creada por Miguel Rojo, e que volve á biblio cunha nova aventura.

"Tes mensaxes no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor? A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías".

 







Grazas coma sempre pola vosa participación!
 

No hay comentarios: