lunes, 29 de abril de 2024

Maletíns Imaxina e Crea

 A mestra Pili tivo unha idea xenial e creativa... os maletíns "Imaxina e Crea", unha nova proposta para o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación.



 Dentro de cada maletín atoparedes unha serie de materiais cos que teredes que imaxinar e crear a vosa historia.
Premede na seguinte imaxe para acceder ás imaxes dos obradoiros.


viernes, 26 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL



   Aquí,  neste enlace, podedes ver como celebramos no noso cole este día, coa actividade do Apadriñamento Lector.


https://drive.google.com/file/d/1dx9CBfrESl742b5hhszOR9g1Sp-oUQXv/view?usp=drive_link

martes, 23 de abril de 2024

Mes do libro: apadriñamento lector

 Coma todos os anos cando chega abril celebramos a quincena do libro. Unha das actividades que máis gustan é o apadriñamento lector, que facemos nos espazos exteriores do centro e no que compartimos todo tipo de lecturas. Premede na imaxe para acceder ao resto de fotografías


 

lunes, 22 de abril de 2024

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

 

   O Día Internacional  da POESÍA, 21 de marzo, creouse para  promover a lectura e a escritura, ademáis de rendir homenaxe aos poetas. Aquí  tedes unha selección de poemas...







Continuando coa poesía:
 as nosas Regueifas tamén teñen que rimar 
por eso o noso alumnado 
animouse a participar




ROUBO NA BIBLIOTECA

 Esta semana estamos de celebración, mañá Día do Libro, teremos o "Apadriñamento lector" como ven sendo tradición na nosa escola. Pero para ir quentando motores o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria terá que resolver un misterio. Na biblioteca da escola produciuse un roubo, faltan algúns dos nosos volumes e soamente coñecemos os códigos dos libros desaparecidos.

   A misión dos nenos e nenas será descubrir que libros se levaron, deducir a hora a que se cometeu o roubo e despois de escoitar as testemuñas dos sospeitosos desenmascarar ao ladrón. Comenza a búsqueda!







jueves, 18 de abril de 2024

RECICLARTE

    O terceiro ciclo estrénase no obradoiro de Biblioteca creativa do noso colexio. Despois de recibir o mobiliario enviado pola Xunta tiñamos no centro unha chea de cartón. Pensamos en distintas posibilidades para darlle un segundo ou terceiro uso e despois de votar, a cousa quedou coma segue: parte del iría para o ámbito STEAM e o obradoiro de creación de xoguetes que se leva a cabo este terceiro trimestre, unha segunda parte sería para a horta (bancais do invernadoiro) e coa terceira que quedaba o alumando pensou en facer unha obra de ARTE. Acababamos de estar no museo de Pontevedra é unha das obras que máis gustou á rapazada foi "Máscaras africanas" do pintor Arturo Souto do ano 1957; así que, a partires desa obra comenzamos o obradoiro das nosas propias máscaras africanas

Ademais do cartón, empregamos unha chea de materiais que o alumnado foi traendo á biblioteca das súas casas (envases de ovos, pauciños, tapón diversos, plumas...). Finalmente unha capiña de pintura e... aquí vai o resultado para que o poidades gozar.












Impresionante traballo!!!


miércoles, 17 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA

 O alumnado de 5º e 6º do Club de lectura da escola tamén quixeron recoller aquelas palabras que lles gustou ver escritas en A cidade átomo de Iria Misa. Dis que este volume lles está a costar máis pero están contentos porque aprenderon un montón sobre plantas nucleares e os seus perigos.

Vai un pequeno adianto do libro, a ver se vos engancha a vós tamén.










O vídeo pesa moito e non o permite subir. Unha pena non poder escoitar as reflexións dos maiores sobre o que acontece nesa cidade tan chea de misterios.

lunes, 15 de abril de 2024

AMI, traballando coa información

 O traballo de AMI (alfabetización mediática e informacional) é un dos principais obxectivos da biblioteca. Son diferentes as propostas que se fan ao longo do curso dende os diferentes ámbitos de traballo. 

Premede na imaxe para ver máis fotografías 


 

miércoles, 10 de abril de 2024

PODCATS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Que é a alimentación saudable? Os nenos do cole volo explican neste podcast.

MALETÍNS CREATIVOS

    O equipo de biblioteca propuxo dende o programa Biblioteca Creativa unha serie de actividades que chegaran a todo o alumnado, de infantil ata os últimos cursos de primaria; e onde a creatividade, a igualdade, a diversidade e a inclusión foran os eixes transversais.

   Para o alumnado de 3º e 4º preparáronse os Maletíns creativos. Estes maletíns enchéronse de gran variedade de materiais (pintura, ceras, tesoiras, paus, area, follas...) para que os nenos e as nenas crearan unha obra de arte.

   O obxectivo principal desta actividade foi espertar a imaxinación, organizar ideas, traballar en equipo, gozar da beleza do proceso creativo e mellorar a psicomotricidade fina.

Todo un éxito




martes, 9 de abril de 2024

OBRADOIRO BEE BOT CO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS

     Aí van as imaxes do obradoiro Bee-bot co alumnado de 5 anos de Educación Infantil para traballar o pensamento computacional.




viernes, 5 de abril de 2024

Abril chuviñoso: a regueifa

 Un novo mes empeza con fama de chuvioso, entre un marzo ventoso e un maio florido e fermoso.

No mes anterior tivemos o Día da Poesía e neste mes teremos o Día do Libro, así que pensamos que sería moi interesante adicar este mes a un especial modo de facer rimas improvisadas típicas en Galicia, un xeito de desafío entre dúas ou máis persoas para ver quen ten máis enxeño e rapidez nas súas coplas. Estamos a falar da “regueifa”.

miércoles, 3 de abril de 2024

CLUB DE LECTURA E AS PALABRAS FERMOSAS

 Non hai coma recoller aquelas palabras que máis nos gustan dos libros que lemos. Aí van as que destacaron os pequenos do CLUB da lectura Refugallo espantallo.