O terceiro ciclo estrénase no obradoiro de Biblioteca creativa do noso colexio. Despois de recibir o mobiliario enviado pola Xunta tiñamos no centro unha chea de cartón. Pensamos en distintas posibilidades para darlle un segundo ou terceiro uso e despois de votar, a cousa quedou coma segue: parte del iría para o ámbito STEAM e o obradoiro de creación de xoguetes que se leva a cabo este terceiro trimestre, unha segunda parte sería para a horta (bancais do invernadoiro) e coa terceira que quedaba o alumando pensou en facer unha obra de ARTE. Acababamos de estar no museo de Pontevedra é unha das obras que máis gustou á rapazada foi "Máscaras africanas" do pintor Arturo Souto do ano 1957; así que, a partires desa obra comenzamos o obradoiro das nosas propias máscaras africanas.
Ademais do cartón, empregamos unha chea de materiais que o alumnado foi traendo á biblioteca das súas casas (envases de ovos, pauciños, tapón diversos, plumas...). Finalmente unha capiña de pintura e... aquí vai o resultado para que o poidades gozar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario