jueves, 6 de junio de 2024

4º Congreso Educativo EducODS 2030

   Hoxe, día 6 de xuño, todo o centro participou no 4º Congreso Educativo EducODS 2030 organizado polas compañeiras do CEIP Nº 1 de Tui. Somos varios os centros que participamos nesta proposta, tanto centros da nosa cidade como centros doutros concellos.

  Traballamos moito durante todo o curso no proxecto documental "Beade 2030: camiñando hacia o futuro". O traballo por ámbitos que desenvolvemos todos os xoves permitíunos afondar no tema dos ODS dende distintas perspectivas, propoñendo todo tipo de actividades e con agrupamentos interniveis. O resultado foi moi enriquecedor e premendo na imaxe poderedes comprobar a bonita experiencia e o ben que o pasamos durante toda a mañá.


 Moitas grazas aos compañeiros dos diferentes centros educativos e, moi especialmente, ás compañeiras do CEIP Nº1 de Tui por esta experiencia. E, por suposto, moitas grazas a todos vós, nenos e nenas do cole que tanto traballastedes ao longo do curso.

GRAZAS!

No hay comentarios: