CUSTIONARIOS PARA FAMILIAS ELABORACIÓN PLEA
Hoxe todo o alumnado do centro leva para casa un cuestionario para cubrir as familias. Débese cubrir e enviar polos/as vosos/as fillos/as o luns.
É necesario para elaborar un documento de centro, “O PLAN DE LECTURA ESCRITURA E ACCESO Á INFORMACIÓN( PLEA)”. Dito documento integrará as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades no uso do tratamento da información, como apoio a adquisición das Competencias Clave. É un plan fundamental que dará identidade ao noso centro e enfoca a competencia lectora como facilitadora da aprendizaxe de todas as áreas do currículo.
Agradecemos a vosa colaboración.
ENQUISA PARA AS FAMILIAS
Percepción da lectura dende a visión das familias.
• Recibo información do centro educativo en materia de lectura, escritura e tratamento da
información (invitacións a actividades, notas informativas, programación de actividades da BE).
SI
NON
• Recibo formación do centro educativo en materia de lectura, escritura e tratamento da información (formación persoais usuarias).
SI
NON
• Emprego as canles de difusión do centro para informarme sobre o relacionado en materia de lectura, escritura e tratamento da información (web de centro, blog BE, blogs departamentos).
SI
NON
• Dispoño de recursos en materia de lectura, escritura ( libros, xogos, ebook) no fogar.
SI
NON
• Adoito ler diante do meu fillo/a
SI
NON
• Ademais de xogar, busco momentos para que o meu fillo/a comparta lecturas ou lea
SI
NON
• Adoito acudir á biblioteca escolar co meu fillo/a
SI
NON
• Adoito acudir á biblioteca municipal co meu fillo/a
SI
NON
• Na miña localidade non hai biblioteca municipal?
SI
NON
• Adoito levar materiais en empréstito da biblioteca (escolar ou municipal)
SI
NON
• Participo en actividades de lectura na escola
SI
NON
• Adoito acudir a librerías e feiras do libro co meu fillo/a
SI
NON
• Adoito acudir co meu fillo/a ás sesións de teatro infantil ou contacontos:
SI
NON
• Adoito acudir co meu fillo/a a exposicións ou outro tipo de actividades culturais:
SI
NON
• Nas diversas celebracións (cumpreanos, Nadal...) ademais de xoguetes, o meu fillo/a recibe libros como agasallo:
SI
NON
Percepción da escritura dende a visión das familias.
• Ó meu fillo/a, gústalle escribir?
SI
NON
• Cando escribe?
Cando ten deberes
Cando llo pido eu
Escribe espontaneamente, sen que ninguén llo pida
• Que profesorado lle solicita tarefas escritas?
Lingua castelá
Lingua galega
Lingua estranxeira
Sociais
Naturais
Matemáticas
Música
Educación Física
Outras: indicar cales
• Que tipo de tarefas de escritura adoita facer na casa o meu fillo/a?
Respostas ós exercicios do libro
Esquemas
Gráficos
Traballos de investigación
Redaccións
Poesías
Guións para programas de radio ou vídeo
Obras de teatro
Percepción da ALFIN/AMI dende a visión das familias.
• O meu fillo/a está escolarizado en:
Educación Infantil
Educación Primaria
• O meu fillo/a realiza tarefas de investigación na escola.
SI
NON
• A escola pide materiais ás familias para que os cativos desenvolvan os seus
proxectos de investigación
SI
NON
• O profesorado do meu fillo/a pídeme colaboración para explicar ós cativos algún tema
relacionado co seu proxecto de investigación.
SI
NON
• O profesorado envía tarefas de investigación para que o meu fillo/a desenvolva na casa.
SI
NON
• O meu fillo/a ten indicacións precisas de como desenvolver as súas tarefas de
investigación.
SI
NON
• Cando o profesorado envía ó meu fillo/a tarefas de investigación para desenvolver na casa:
Considero que teño competencia para axudalo, no caso necesario
Considero que teño certas limitacións para poder axudalo, no caso necesario
No hay comentarios:
Publicar un comentario