Hoxe,
venres 30 de xaneiro os rapaces e rapazas de 6º estamos aquí para contarvos
porque se celebra o Día da Paz e a Non Violencia .Para educar a nenos e
nenas en valores de respecto e solidariedade, fomentando a resolución pacífica
de conflitos dende a infancia.
Wangari Maathai naceu
en Kenia e foi a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz. Por que?
Porque entendeu algo moi importante: non pode
haber paz se non se coida a natureza, se non hai xustiza e se as persoas non
son escoitadas.
Ela fundou o Movemento
do Cinturón Verde, co que axudou a plantar máis de 50 millóns de árbores. Pero non
só estaba plantando árbores.
Estaba sementando esperanza, defendendo os
dereitos das mulleres, protexendo o medio ambiente e ensinando ás comunidades a
traballar xuntas.
Algunhas das súas frases célebres son:
· Cada pequena cousa que fas realmente importa e axuda a construír
mundo no que queres vivir.
· Cando plantamos árbores plantamos sementes para a paz e a
esperanza.
· Se non coidamos da nos aterra a nos aterra non coidará de nos.
· A natureza é a nosa mestra máis valiosa ,debemos aprender a
escoitala
· A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo é
protexer a nosa contorna
· O cambio comeza cunha semente, a si que empecemos a sementar.
· As pequenas accións individuais poden ter un impacto
significativo se suman.
· Son as pequenas cousas que fan os cidadáns as que cambian as
cousas.
· A miña pequena cousa e plantar árbores.
















