lunes, 2 de febrero de 2026

DÍA DA PAZ 2025



DÍA DA PAZ 2025

Hoxe, venres 30 de xaneiro os rapaces e rapazas de 6º estamos aquí para contarvos porque se celebra o Día da Paz e a Non Violencia .Para educar a nenos e nenas en valores de respecto e solidariedade, fomentando a resolución pacífica de conflitos dende a infancia.

Wangari Maathai naceu en Kenia e foi a primeira muller africana en recibir o Premio Nobel da Paz. Por que? Porque entendeu algo moi importante: non pode haber paz se non se coida a natureza, se non hai xustiza e se as persoas non son escoitadas.

Ela fundou o Movemento do Cinturón Verde, co  que axudou a plantar máis de 50 millóns de árbores. Pero non só estaba plantando árbores.

Estaba sementando esperanza, defendendo os dereitos das mulleres, protexendo o medio ambiente e ensinando ás comunidades a traballar xuntas.

 

Algunhas das súas frases célebres son:

 

·       Cada pequena cousa que fas realmente importa e axuda a construír mundo no que queres vivir.

·       Cando plantamos árbores plantamos sementes para a paz e a esperanza.

·       Se non coidamos da nos aterra a nos aterra non coidará de nos.

·       A natureza é a nosa mestra máis valiosa ,debemos aprender a escoitala

·       A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo é protexer a nosa contorna

·       O cambio comeza cunha semente, a si que empecemos a sementar.

·       As pequenas accións individuais poden ter un impacto significativo se suman.

·       Son as pequenas cousas que fan os cidadáns as que cambian as cousas.

·       A miña pequena cousa e plantar árbores.






 




























No hay comentarios: