sábado, 30 de mayo de 2026

LECTURA E FAMILIAS. PRIMEIROS AUXILIOS

 LECTURA E FAMILIAS

 A nosa exalumna preparou e impartiu unha sesión formativa sobre primeiros auxilios adaptada para todo o alumnado do centro. Desde os máis cativos de Infantil ata os maiores de Primaria, todos e cada un de nós aprendemos nocións básicas e vitais para saber como actuar ante unha urxencia.

A través de dinámicas prácticas, xogos e explicacións moi claras, os rapaces e rapazas descubriron:
  • O funcionamento do número de emerxencias 112.
  • Como reaccionar ante pequenos accidentes.
  • A importancia de manter a calma e axudar aos demais.
Por aquí tendes unha pequena mostra da sesión de primeiros auxilios en BiblioMoucho.
Grazas Dafne!















No hay comentarios: