miércoles, 24 de marzo de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2010

O pasado 21 de marzo celebrouse o día internacional da poesía, data que aproveitamos para facer unha actividade poética no noso cole. Durante o curso escolar os nenos /as escribiron moitas poesías para ser expostas no RECUNCHO DOS POETAS. Así é que, en todos os cursos hai excelentes poetas que nos mostraron as súas composicións -nun recital poético- os días 17 e 18 de marzo, durante o recreo. As poesías eran inéditas e os lectores declamaron con entusiasmo e emoción.

Escoitamos poemas sobre natureza, amizade, familia, paz, as estacións, os sentimentos....... que encheron uns minutos de tempo para todos os nenos/as e profesores que asistiron. E, durante o recital, como acompañamento musical, escoitamos a banda sonora da película La vita é bella.......




Durante a semana traballamos -en todas as aulas- o cartel do escritor FRAN ALONSO co título “ 5 motivos para ler poesía”.

viernes, 12 de marzo de 2010

ADIVIÑA CANTO TE QUERO

Hoxe tivemos a presentación do CLUB DE LECTORES de 2º nivel, o primeiro curso que realiza esta actividade no noso cole Coutada-Beade. Os nenos/as lectores estaban emocionados xa que levaban tempo preparándose para o gran estreo. Tamén os profes estabamos ilusionados. Fai dúas semanas que os lectores comezaron a lectura do libro ADIVIÑA CANTO TE QUERO de Sam McBratney e chegou o momento de contarnos o relato.

A xuntanza do CLUB tivo lugar na biblioteca, durante o recreo, durante 15 min. e foi.........deliciosa!! O biscoito que nos comemos axudou moito a facer a charla máis doce e exquisita.Os “charlatáns” foron Iván, Lea, Lucía A., Lucía R.,..........e asegúrovos que dominaban tódolos mínimos detalles do conto. O público asistente foi numeroso e participaron activamente e con moito humor. Aquí tedes unha pequena mostra desta “xuntanza lectora”. Por certo, o libro é MOI AMOROSO ¡!!!!!!!


A lectura e os dulces son bos amigos.


miércoles, 10 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2010

O pasado 8 de marzo conmemoramos o día da muller traballadora, tamén dende a nosa biblioteca, ao igual que moitas bibliotecas escolares galegas. Preparamos así a proxeción audiovisual dun libro que trata sobre a igualdade: O libro dos porcos de ANTONHY BROWN de Kalandraka. Na gravación das voces dos personaxes participaron alumnos de 5º: Miguel B., Alejandro, Nerea, Raquel.....
Os alumnos de primaria asistiron en 2 sesións diferentes á proxeción do libro e os alumnos de Infantil tamén, nunha sesión diferente, durante os días 8 e 9 de marzo. Aquí tedes a gravación. A partires da lectura deste libro todos podemos facer unha reflexión sobre o significado da igualdade e a diversidade.

domingo, 21 de febrero de 2010

SALÓN INFANTIL DO LIBRO

Un ano máis, como vén sendo habitual, temos CITA en PONTEVEDRA, ata o día 14 de marzo. Non perdades a ocasión de ir porque atoparedes moitos libros novidosos e talleres de creación divertidos, para todas as idades. Aquí vos queda o enlace para que consultedes o programa das actividades.
Cartel da edición de 2010. Contacontos, teatro, obradoiros, concertos... no Salón hai algo para ti!

miércoles, 10 de febrero de 2010

ACUARELA




Aquí tedes, para desfrute de todos a canción Aquarela de Toquiñho, que todos coñecedes e estivestes aprendéndoa durante a semana da Paz. Lembrade que os soños tamén se poden acadar. Cantádea foooortÍssimo!!

miércoles, 27 de enero de 2010

ENGANCHADOS Á LECTURA

Tamén hai moito humor na lectura e nos libros. Aquí tedes un exemplo:

jueves, 21 de enero de 2010

O CEO POLA NOITE

Do 13 ao 21 de xaneiro fixemos na entrada do edificio administrativo unha exposición dos traballos feitos o ano pasado pol@s nen@s do colexio co gallo do ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMIA. Todos pasamos por alí a velos e gustáronnos moitísimo.