Este ano adícasenlle as Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro, un poeta nado en Guitiriz (Lugo). Xosé María Díaz Castro (1914-1990) mantivo un forte compromiso ao longo da súa vida co noso idioma e a
nosa cultura. É autor dun único libro publicado no ano 1961, “Nimbos” que está considerado como unha das obras mestras da poesía galega contemporánea.
Nas seguintes ligazóns poderedes acceder a diversa información sobre a súa
vida e obra, así como a diferentes actividades para Infantil e Primaria
(preme nas imaxes):
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil fixemos unha exposición de álbum ilustrado que foi, sen dúbida algunha, todo un éxito.
Alegrámonos de que vos gustase tanto e animámosvos a acercarvos máis a este tipo de libros que non sempre necesitan da palabra escrita para darnos a coñecer historias divertidas ou adentrarnos noutros mundos.