martes, 31 de mayo de 2016

Charla sobre Cervantes

O pasado luns 30 de maio,  tivo lugar unha actividade de animación á lectura sobre  a obra de Miguel de Cervantes El Ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha.
Carlos Addesso, pai de Andros (3º de Primaria) e de Shamina (5º de Primaria), nacido en Uruguay e criado en Italia, prestouse xenerosamente a dar unha charla ós alumnos sobre a visión que pode ter unha persoa que non é deste país sobre a importante obra literaria de Miguel de Cervantes, do que estamos a celebrar o cuarto centenario do seu pasamento.
Carlos veu moi preparado e durante unha hora estivo a falar, ante un nutrido auditorio formado por todo o alumnado de Primaria dende 3º a 6º, do tempo que lle tocou vivir a Miguel de Cervantes, dalgúns feitos importantes da súa vida e, por suposto, de Don Quijote. Con amenidade e gran simpatía relatou a nenos e nenas diversas pasaxes interesantes do libro de Don Quijote, espertando en mais dun as gañas de lelo.  Tamén engadiu ás súas conclusións persoais a medida que percorría as pasaxes da obra, e fixo notar ás nenas e nenos que moitas das situacións e ideas que aparecen na obra tamén son aplicables no tempo actual.

miércoles, 25 de mayo de 2016

Recanto sobre Cervantes

Pouco a pouco o pequeno proxecto sobre Cervantes vai tomando forma, o Moucho atopou un lugar moi especial dentro da Biblioteca para crear un Recuncho con moitas obras e datos sobre este autor tan relevante 



Ademáis aiquí vos deixamos algún link sobre Don Quijote para poder xogar e aprender ao mesmo tempo





martes, 24 de mayo de 2016

Proxecto Documental 2015-16

Durante este curso escolar os alumn@s do Ceip Coutada Beade traballaron sobre "Os Inventos".
 Aiquí vos deixamos algunhas das cousas que fixemos

viernes, 29 de abril de 2016

jueves, 28 de abril de 2016

Contacontos en Infantil

Durante o curso realizáronse varios contacontos na biblioteca por parte de nais e pais de alumnos do centro. Un deles foi o da nai de Samuel, alumno de 5 anos, que co seu teatrillo captou a atención dos máis cativos do colexio. Grazas mamá!!

miércoles, 27 de abril de 2016

Ola amiguiñ@s :

 

Con motivo da celebración do Día do Libro vos deixamos unha mostra da actividade do Apadriñamento Lector que levamos a cabo o pasado luns 25 de abril

domingo, 1 de noviembre de 2015

Relatos de Medo

No tempo de Samaín o colexio estivo cheo de pócimas, conxuros e moito, moito MEDO