sábado, 2 de abril de 2022

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

 O 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, conmemórase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de promocionar a boa literatura e a lectura entre os máis novos.

Hoxe en día gozamos dunha enorme cantidade e variedade de libros destinados aos máis cativos da casa. Aos títulos e autores/as clásicos súmaselles unha boa cantidade de novos autores/as, así como distintos formatos e soportes. Con tanta variedade practicamente é imposible non atopar un bo libro que satisfaga as necesidades dos nosos fillos ou fillas.

Dende a biblioteca do centro procuramos facervos recomendacións que consideramos interesantes. Non esquezades que estamos abertos ás vosas suxestións.

Un saúdo

 


Ler é liberdade. Ler é respirar.

 Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.
 
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

 

sábado, 19 de marzo de 2022

Xornada inclusiva

 O alumnado de 6º asistiu a unha xornada de presentación de distintos deportes adaptados. Así, os rapaces e rapazas foron capaces de porse no lugar dunha persoa con diversidade funcional participando nos distintos deportes do mesmo xeito que o fan estas persoas, ao mesmo que tomaron conciencia do esforzo que se realiza, sen que isto supoña un atranco para desenvolverse en calquera ámbito deportivo.











 


martes, 8 de marzo de 2022

Mulleres traballadoras

 Como non podía ser de outra forma dende o noso centro quixemos facer a nosa homenaxe a todas aquelas mulleres traballadoras, tanto ás que abriron o camiño como as que día a día superan obstáculos para facerse valer. 

Noraboa a todas!!! E grazas!!!


 












 


miércoles, 2 de marzo de 2022

PROXECTO DINOSAUROS

Proxecto moi traballado polos nenos e nenas de 5 anos; e un tema sempre ben interesante: 

OS DINOSAUROS!!!

sábado, 26 de febrero de 2022

O Entroido robótico xa está aquí!

   Que ben o pasamos no cole celebrando o Entroido. Comezamos o día con música e coa chegada de moreas de robots... todos impecables, orixinais, divertidos e únicos. Todo un ENTROIDO ROBÓTICO!

Grazas coma sempre a esas familias que colaboran día tras día co noso centro.

Agora toca gozar do Entroido!!


 


viernes, 25 de febrero de 2022

A cociña bota lume

    A cociña do cole é unha das múltiples formas que estamos a utilizar este curso para CREAR. Todos os cursos, tanto de infantil como de primaria, xa pasaron pola cociña para facer diversas propostas. Unha das últimas propostas foi facer un estupendo pan de Beade.