domingo, 8 de mayo de 2022

Seguimos traballando coas abellas

    Os nenos e nenas de Infantil continúan a traballar no proxecto das abellas. Queda pouco para a visita a Apípolis.














sábado, 7 de mayo de 2022

Espanti o espantallo

    Os paxaros acababan coas leitugas plantadas polos máis pequenos do cole, así que decidiron facer un espantallo. Chámase Espanti e vixía a Nosa Horta.

 



 




Imprimindo un robot

    Os nenos e nenas de 3º estiveron esta semana na aula de informática e na aula Steam. Primeiro fixeron o deseño do seu robot e posteriormente o levaron á impresora 3D.









jueves, 5 de mayo de 2022

Novos booktrailers

 


    Os nenos de sexto continúan a traballar nos seus booktrailers. Esta vez presentamos os traballos de Mario Costas, Ángela de La Torre y Uxía López.

 

Mario preséntanos "Los Futbolísimos. El misterio del jugador nº 13

 



Ángela preséntanos "Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo"



E Uxía recoméndanos "Soy chica" 


 

 

Moitas grazas polo voso traballo. Sodes uns artistas!

miércoles, 4 de mayo de 2022

Un mural para a diversidade e inclusión

 A Asociación Enki foi a encargada de decorar unha das paredes do colexio. O motivo: a diversidade e a inclusión.

Todo o centro participou na actividade, na que ademáis do mural, membros da Asociación explicaron aos nenos que é o alfabeto dactilolóxico e o Braille, dúas formas de comunicación que todos deberiamos coñecer.


 



O resultado final:


 

lunes, 2 de mayo de 2022

Dous novos booktrailers de Paula e Elena (6º)

 


Aquí temos dous novos booktrailers. O primeiro deles é de Paula Alonso, e preséntavos o libro "Diario de Greg. Vieja Escuela"




O segundo é de Elena Seijo, e preséntavos "Jukilop, la verdadera historia"





Estupendo traballo das nenas de 6º. 

E todavía hai máis...

domingo, 1 de mayo de 2022

MES DO LIBRO: Mercadillo

Xa temos aquí o vídeo resume do Mercadillo de Libros organizado este curso. Grazas a todos por participar!!!!